Ribeira aproba un Orzamento para o actual exercicio superior aos 29 millóns de euros

27 Novembro 2025

A Corporación municipal de Ribeira debateu na tarde do 26 de novembro en pleno extraordinario e urxente a aprobación inicial da proposta do executivo local dos Orzamentos Municipais para 2025 por un total de 29.756.460 euros para equilibrar o gasto executado cos ingresos e dar cobertura a investimentos en marcha; punto da orde do día que saíu adiante con 13 votos a favor (PP e PBBI) e 6 abstencións (BNG e 1 non adscrito).

O Executivo lembrou que “tras cumprir coa primeira quenda de intervencións, tanto o concelleiro Juan Luis Furones (non adscrito) como Francisco Suárez-Puerta (PSdeG-PSOE) abandonaron a

sesión plenaria, polo que os seus votos non constan”.

Engadiu que dentro do Capítulo 6 de inversión, o documento recolle as previsións para dar cobertura ás perdas de subvencións de 47.856 euros de reforzo da liña eléctrica do futuro polígono industrial, “ao non terse executado a tempo a actuación inversora no pasado ano”.

Ademais, recóllese a contía de 57.000 euros coa finalidade de dar cobertura á perda de subvención de fondos europeos para a remodelación da praza do Centenario, xunto con 9.619 euros para reintegro da subvención pola redacción do proxecto na senda do río Saíñas.

En canto á dedicación a melloras nos colexios, o importe ascende aos 70.000 euros, reforzarase a iluminación pública con 60.000 euros, mellorarase a rede de saneamento e abastecemento con 120.000 euros e 213.000 euros para a execución do novo parque infantil na praza do Centenario.

O orzamento recolle un total de 2.667.849 euros en actuacións inversoras.

O Capítulo 2 supón un 50% do documento económico, o que se traduce en 14.881.954 euros, por tratarse de bens e subministros, é dicir, servizos básicos para a cidadanía como o tratamento de augas residuais, a xestión dos residuos sólidos, a limpeza viaria ou o abastecemento de auga para consumo.

No que respecta ao Capítulo 1, de gastos de persoal, a asignación sitúase nos máis de 9.490.922 euros, incluíndo aspectos como sacar a licitación o contrato de riscos laborais e recoñecementos médicos.

Suplemento de crédito

Tamén foi abordado en sesión plenaria o suplemento de crédito de 1.749.277 euros a través do remanente de Tesourería para liquidar obras en marcha e pagar facturas pendentes, ao cal se lle deu luz verde por contar con respaldo unánime.

Habilítase unha partida de máis de 500.000 euros para finalizar a construción do Centro de Deportes Náuticos e 300.000 euros para mantementos en vías públicas. En consecuencia, as pavimentacións de estradas municipais dotaranse con case medio millón de euros ao sumar os cartos destinados a aglomerados e pintados de seguridade viaria que contempla o orzamento municipal para 2025.

No que atinxe ás sentencias xudiciais sobre as expropiacións das parcelas do futuro polígono industrial que ascenden a 300.00 euros e 180.000 euros van con cargo a este suplemento de crédito. Crédito extraordinario

Outro dos asuntos a tratar foi o crédito extraordinario por valor de 130.000 euros para a posta en marcha dos bonos AmaRibeira, por un importe de 100.000 euros, e para o bombeo para poñer en marcha o saneamento na rúa Muralla, en Aguiño, por 30.000 euros; que tamén obtivo a unanimidade do pleno da Corporación.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...