Rianxo intégrase na recollida separada da fracción orgánica (colector marrón) xunto con Boiro e A Pobra

05 Novembro 2025

Os concellos de Boiro, A Pobra e Rianxo, de xeito coordinado e colaborativo e en cumprimento da normativa vixente, puxeron en marcha a recollida separada da fracción orgánica en cadanseu territorio coa instalación do colector marrón. Un colector que se poderá empregar solicitando unha chave en cada Servizo de Medio Ambiente. No caso de Rianxo, o Concello explicou que a cidadanía pode sumarse ao servizo (Ti tes a chave dun Rianxo máis sostíbel) a través da solicitude habilitada en liña.

Dende o Concello de Rianxo explican que “case a metade do lixo que se recolle na actualidade son residuos orgánicos, o cal encarece moito a factura que temos que pagar os municipios pola xestión dos restos”. Polo tanto, engaden, “separando estes restos evitaremos custos innecesarios, tanto para o medio como para as arcas municipais”.

Sinalan ademais que “con esta acción iniciamos tamén unha intensa campaña divulgativa e de participación veciñal coa finalidade de deseñar o futuro servizo de recollida de lixo, o cal aspiramos que estea en funcionamento antes do remate da presente lexislatura”.

Na actualidade este servizo supón un déficit local de máis de 200.000€ e a taxa só cobre 70% do custo directo da servizo. “Ademais, os fluxos de recollida son insuficientes nalgunhas zonas do municipio, principalmente nos meses do verán, e o parque de colectores fai moitos anos que está moi deteriorado”, apuntou o Concello, engadindo que “por todas estas razóns, nos vindeiros meses a renovación total do servizo será unha prioridade para nós”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.