Rianxo abre un proceso participativo coa veciñanza para mellorar o servizo de recollida de lixo

13 Novembro 2025

O Concello de Rianxo segue dando pasos cara a renovación completa do servizo municipal de recollida de lixo e limpeza viaria, un camiño de mellora para o que o Goberno local quere contar coa participación da cidadanía e coas súas contribucións directas. Por iso o Concello puxo a disposición da veciñanza unha enquisa para saber máis sobre os seus hábitos, coñecementos e necesidades en relación con este servizo.

“Antes do remate da lexislatura queremos ter renovado por completo o servizo, mellorando o parque de colectores, optimizando as rutas de recollida e incorporando as esixencias da normativa estatal aprobada recentemente”, sinalou o alcalde.

“Será un intenso proceso para dotarnos dun servizo eficaz e eficiente, tanto no eido económico como no eido da sustentabilidade, no que ademais queremos contar coa participación directa da veciñanza”, engadiu Bustelo, apuntando que a enquisa xa está dispoñíbel para a cidadanía na Rede.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.