Prosegue o II Ciclo Cultural Infantil Itinerante con “Canta música” (este domingo en Baroña)

14 Novembro 2025

Esta fin de semana proseguen as funcións do II Ciclo Cultural Infantil Itinerante de Porto do Son. Faino co espectáculo Canta música, de Pablo Díaz e Olga Kirk, este domingo 16 de novembro na Casa da Cultura de Baroña ás 18.00 horas (trátase dunha obra prevista para o 23 de novembro en xuño pero tivo que ser mudada de data por motivos alleos ao Concello). Trátase dun espectáculo abeirado á Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Canta música é unha proposta na que Pablo Díaz e Olga Kirk levan a música tradicional galega ao público infantil a través do canto, do xogo e do baile.

Restantes funcións do II Ciclo Cultural Infantil Itinerante de Porto do Son

-26 de outubro

A Casa da Cultura de San Pedro de Muro acollerá a obra Son Animal, de Paco Nogueiras. A función dará comezo a partir 18:00 h.

-2 de novembro

A Casa da Cultura de Nebra acollerá a obra A Landra Viaxeira e o Amigo Lambón, de Os Jalochos. A función dará comezo a partir 18:00 h.

-9 de novembro

A Casa da Cultura de Caamaño acollerá a obra A Maxia dos Libros, de Nami e o Mago da Boina. A función dará comezo a partir 18:00 h.

-16 de novembro

A Casa da Cultura de Xuño acollerá a obra Canta Música, de Pablo Díaz e Olga Kirk. A función dará comezo a partir 18:00 h.

-23 de novembro

A Casa da Cultura de Baroña acollerá a obra Máis Música, de Xabi Longueirón. A función dará comezo a partir 18:00 h.

-30 de novembro

A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá a obra O Mundo Máxico de Pinocho, de Educateatro Producións. A función dará comezo a partir 18:00 h.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.