Presentación en Santiago do libro Andares, de Luís Celeiro Álvarez

17 Novembro 2025

A Editorial LAR Libros e a Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) celebrarán o vindeiro martes, 18 de novembro de 2025, ás 19:00 horas, a presentación do libro Andares, unha escolma de artigos da sección xornalística Tía Manuela, escrita polo periodista Luís Celeiro Álvarez, colaborador de O Barbanza. O acto terá lugar no salón de actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), situada na Praza de Mazarelos.

No evento intervirán Xosé María García Palmeiro, periodista e presidente de APECSA, quen ademais asina o limiar do libro; Marga Romero Lorenzo, escritora e profesora de Galego no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela; Xosé López García, catedrático de Xornalismo da USC; e o propio Luís Celeiro Álvarez, autor da obra.

A entrada será libre para todas as persoas interesadas en asistir a esta presentación literaria, organizada co apoio da Academia Xacobea, a USC e a Editorial LAR Libros.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...