Portos confirma ao Club de Remo da Pobra o arranxo da rampla lindeira coa súa antiga sede

05 Novembro 2025

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, reuniuse na mañá deste mércores 5 de novembro coa directiva do Club de Remo da Pobra (Club de Remo Puebla) e confirmoulles a plena disposición do ente público a executar as obras de mellora da rampla contigua á antiga sede da entidade. Esta actuación atópase á espera do informe preceptivo de Compatibilidade coa Estratexia Mariña solicitado a Costas do Estado en outubro de 2024.

No encontro, Álvarez ratificoulles a posibilidade de seguir empregando a nave de consignacións como sede provisional da entidade e analizaron as condicións actuais da mesma, que utilizan á espera do arranxo, por parte do Concello, da antiga nave, incendiada o pasado mes de xaneiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.