Porto do Son organiza a Carreira Escolar contra a Violencia de Xénero, no marco da programación do 25N

21 Novembro 2025

O vindeiro martes, 25 de novembro, Porto do Son acollerá a Carreira Escolar contra a Violencia de Xénero, unha actividade organizada pola Concellería de Deportes e Servizos Sociais.

Esta iniciativa nace co obxectivo de fomentar a práctica deportiva e a convivencia entres os CEIPs e as EEI do Concello. Ademais ten a función de “visibilizar, sensibilizar e implicar á sociedade na loita contra esta lacra”, avanzaron fontes do Concello, engadindo que todas as crianzas participantes recibirán un agasallo, en colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade.

Os horarios son aproximados pero o itinerario organizado é o seguinte:

10:30H – Infantil 3 anos

10:40H – Infantil 4 anos

10:50H – Infantil 5 anos

11:00H – 1º Primaria

11:10H – 2º Primaria

11:20H – 3º Primaria

11:30H – 4º Primaria

11:40H – 5º Primaria

11:50H – 6º Primaria

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.