Perdón, outra vez perdón”. Luís Celeiro

09 Novembro 2025

Vostedes, amigos lectores, paráronse a pensar algunha vez sobre a importancia de pedir perdón
Perdoe !señor, roubámoslle a carteira e gastamos os cartos que tiña. Perdoe, por favor!
Roubámoslle a documentación, as tarxetas de crédito, os billetes e as notas que gardaba. Todo vai
alá, no inferno ou no contedor ese grande do lixo seleccionado. Alá vai todo, todo o que tiña na
carteira esa de pel dourada, a carteira do mercado, da festa e da alborada.
Como escribía Concha Blanco, “o medo é libre”. Se lles contas aos netos ou netas o que ocorría
cando eras moza, morren de medo, asústanse de tal maneira que dificilmente poderán evitar o
tremor das súas pernas, das lámpadas de cada cuarto da casa, dos brazos ou das meixelas. O tremor
do medo é malo de aguantar, pero se é conveniente, escorréntase e axótase para seguir
tranquilamente gozando da liberdade, sen ataduras.
Queríamos falar de perdón e estamos con medo. Todos, ou moitos, teñen medo á inxustiza, ao
desorde e ao desamaño. Escorrentan ao diabro e corren cara a casa de moitos ou de ningún. O medo
está no medio da discusión, dos falares, da acción ou no medio da conversa. Se algo sae mal,
perdón! Non dicimos máis nada, pero imos co perdón na boca, por onde cómpre falar, reflexionar e
escoitar.
Os teóricos din que, se pides perdón, descansas. Parece que está demostrado que perdoar ten
efectos positivos na saúde emocional e física. Baixa o nivel de ansiedade e reduce
considerablemente a depresión e o estrés. Pida perdón, señora, e váiase tranquila. Despois, se pode,
devolva o que levou. Xa falaremos!
Enganeime e enganeite, sen máis, sen mala intención, sen querer, dixo Matías da Pedreira. E agora
que facemos, a onde imos? Perdón, amiga. Imos buscar unha solución. Se aparece, benvida! E sen
non a atopamos, que Deus nos perdoe. Perdón, si señor! A elegancia e a educación deben estar
sempre na punta da lingua. Se lle pregunta á psicóloga de cabeceira, diralle que é conveniente saber
estar, independentemente dos efectos da súa incorrecta acción.
A Tía Manuela emociónase co perdón e con aquelas persoas que o piden outra vez. Enténdeo dende
a perspectiva literaria, filosófica, teolóxica e psicolóxica, pero, con todo, defende, antes que nada, as
actitudes correctas e consecuentes. Sempre!

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

“Tres aviones volando a Turquía” – José Castro López

“Tres aviones volando a Turquía” – José Castro López

En la cumbre de la OTAN de la semana pasada no sorprendieron las boutades del presidente americano que primero insultó a España -y a otros socios- y en el vuelo de vuelta se deshizo en elogios a nuestro país, no se sabe a cambio de qué. Tampoco fue sorpresa alguna la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.