Peche masivo de bateas por toxinas afecta ao 80% dos polígonos en Galicia

11 Novembro 2025

A produción de mexillón en Galicia sofre un duro golpe tras o peche de case o 80% dos polígonos de bateas debido á presenza de toxinas lipofílicas (diarreicas), segundo informou o Instituto Tecnolóxico para ou Control do Medio Mariño (Intecmar).

En total, 41 dos 52 polígonos existentes nas rías galegas foron clausurados, incluíndo a totalidade das rías de Pontevedra e Muros-Noia, así como amplas zonas de Arousa e Vigo. Este martes sumáronse cinco novos peches nas áreas de Redondela (Ría de Vigo) e A Pobra (Ría de Arousa).

Ademais, o marisqueo tamén se ve afectado: media ducia de zonas entre as rías de Pontevedra e Vigo foron pechadas á extracción pola mesma causa. A situación xera preocupación no sector, que xa viña alertando sobre as condicións ambientais adversas, como a alta temperatura da auga, a ausencia de vento do norte e a continua desova do mexillón, factores que poderían estar a favorecer a proliferación destas toxinas.

Actualizase o estado das zonas de viveiros flotantes ás 15 horas ((Intecmar):

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.