“Os centros de saúde pública de Galicia compiten en desatención coa sanidade privada” – Antón Luaces

11 Novembro 2025

O 55% dos hospitais de Galicia son  privados e realizan o 27% das cirurxías que se levan a cabo nesta comunidade autónoma, cuxos habitantes incrementan nun 2,2% -no conxunto de España un 1,6%- os contratos dun seguro sanitario privado, acadando un total de 460.086 persoas as que están subscritas a este sistema sanitario que evidencia en determinadas especialidades un trasvase mutuo de doentes.

O gasto sanitario privado representa en Galicia o 28,2% do total, segundo recolle o Observatorio do sector sanitario privado 2025. Este informe salienta que o volume dos concertos do Servizo Galego de  Saúde (SERGAS) coa privada é de 246 millóns de euros sobre un gasto público total de 5.365 millóns (un 4,58%).

De todo o investimento sanitario en Galicia, o sector privado acomete o 29,2%. Amais, a sanidade privada dispón de 18 hospitais na Comunidade, o 55% do total, pero estes só teñen 2.156 camas, o 22% do total. Ambas as porcentaxes están por baixo do dato estatal. 

Na actividade asistencial, o sector realiza o 27% das intervencións cirúrxicas en Galicia, da o 20% das altas e atende o 22% das urxencias, tamén menos ca media española. Asemade dispón do 43% dos PET e un 52% das resonancias magnéticas.

A falta de médicos nos centros de saúde de Galicia amosa un déficit que a propia Valedora do Pobo denunciou no seu último informe. Os traballadores da área sanitaria amosan constantemente a súa desconformidade coa marcha que segue a atención primaria na  comunidade galega. E a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, coida que esta unanimidade entre as persoas que traballan no ámbito sanitario, dáse fronte as “políticas de demolición” da atención primaria que, segundo denunciou a propia Pontón, leva a cabo o Partido Popular.

Para Ana Pontón as medidas de rescate aplicadas pola Xunta á atención primaria, fracasaron, e lembra que xa propuxera para esta lexislatura un plan de choque de 200 millóns de euros para reconducir  os problemas de saúde nos centros de saúde.

…

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.