O xoves traerá máis humidade e nubes á franxa atlántica

26 Novembro 2025

Galicia experimentará o xoves 27 un cambio progresivo nas condicións meteorolóxicas ao ir perdendo a influencia anticiclónica dos últimos días. A chegada de ventos do suroeste achegará unha elevada humidade á franxa atlántica, o que se traducirá nun incremento da nubosidade.

A previsión indica ceos máis cubertos na metade oeste, onde non se descartan orballos ocasionais, mentres que canto máis ao leste se agardarán maiorías de claros. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, mantendo un ambiente suave para esta época do ano.

Os ventos soprarán de compoñente sur, en xeral frouxos, aínda que acadarán intensidade moderada no litoral norte.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 2 á mañá e á tarde e 2 a 3 á noite. Mar rizado á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros á mañá e 1 a 1.5 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.