Galicia aínda non recuperará plenamente a influencia anticiclónica durante a xornada do martes 25, Santa Catalina e San Mauro. Agárdanse intervalos de nubes e claros, acompañados de chuvascos ocasionais, que serán menos probables canto máis ao sur da comunidade.
As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso respecto a días anteriores. Pola súa banda, os ventos soprarán do norte, en xeral frouxos, aínda que con intensidade moderada no litoral norte e noroeste.

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 1 a 3 á mañá e á noite e 2 a 4 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 1 a 2 metros á noite.




