O templo de Santa Uxía de Ribeira acolle esta tarde do 1 de novembro a lectura dramatizada de “Don Juan Tenorio”

01 Novembro 2025

Despois de varios anos xirando por toda a comunidade cos espectáculo Criaturas e O Rei Telesforo busca noiva e quere noivo, o GMT aposta de novo polo xénero clásico cun drama romántico en verso, desta volta con formato de lectura dramatizada para o Día de Todos os Santos, o sábado 1 de novembro e nun entorno especial: a Igrexa Parroquial de Ribeira

Don Juan Tenorio, de José Zorrilla, trátase dun drama romántico en verso, tamén clasificado como drama relixioso-fantástico. Estreouse en 1844, é unha obra teatral en dúas partes que segue a tradición do Romanticismo español, destacando a importancia dos sentimentos, a maxia e os elementos sobrenaturais, e que se centra na figura do sedutor que busca a salvación a través do amor verdadeiro.

Trátase dunha montaxe que o propio grupo tiña moitas gañas de facer fai xa tempo pois cabe sinalar que é unha tradición de Todos os Santos representar o Don Juan nos cemiterios, algo que é habitual en Andalucía (Sevilla, cidade na que transcorre a peza teatral), nas dúas Castelas ou Madrid, onde é famosa a representación que se leva a cabo en Alcalá de Henares.

Antía Alberte e Óscar Romero explicaron que a representación de Don Juan Tenorio en cemiterios durante a festividade de Todos os Santos e o Día de Defuntos é una tradición cultural española que se consolidou a finais do século XIX, ligada aos temas da morte, a redención e os fantasmas, que son centrais na segunda parte de la obra de Zorrilla.

Na montaxe participarán quince compoñentes, membros do GMT de Ribeira, con experiencia en lecturas dramatizadas, como o Conto de Nadal representado en 2024 no Auditorio Municipal, ademais de Criaturas. A duración da obra será de aproximadamente 100 minutos. A entrada sserá de balde no mesmo lugar no que se disporán cadeiras para os asistentes a partir de media hora antes. A función será ás 19:00 h e a obra está recomendada para maiores de 12 anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.