O Son inicia a creación dun mural na entrada da vila para reforzar a identidade mariñeira do municipio

24 Novembro 2025

O Concello de Porto do Son iniciou a creación dun mural na entrada da vila concibido como “un elemento de cohesión social e cultural”, cuxo obxectivo, en palabras do Goberno local, “é embelecer o espazo público e reforzar a identidade mariñeira do municipio”. Deste xeito, o proxecto pon en valor “as tradicións e símbolos que definen a súa esencia”, engadiu o Concello.

Os concelleiros Carlos José Lorenzo e María José Maroñas encargáronse de dar as primeiras pinceladas do mural xunto con alumnos e alumnas do IES de Porto do Son nun taller formativo dirixido polo muralista Doctor Toy, quen lles explicou as técnicas da arte mural e o concepto de artivismo como ferramenta de expresión.

Neste sentido, o obxectivo da actividade é fomentar a conexión do alumnado coa localidade e a súa identidade mariñeira a través da creatividade, demostrando tamén que a mocidade é axente activo de cambio.

A obra, enmarcada no proxecto 9 murais participativos do GALP Costa Sostible, será rematada o vindeiro ano polo Concello e reforza a súa identidade mariñeira a través dalgunhas das súas tradicións máis representativas como a pesca, as redeiras ou o marisqueo. Tamén aparece a súa contorna natural, co mar, o monte Louro, a vida mariña e o Camiño de Santiago como protagonistas.

O mural está sendo realizado con pinturas fotocatalíticas capaces de absorber CO2, contribuíndo así ao coidado do medio ambiente e achegando un valor engadido sostible á intervención.

“Este proxecto pon en valor o potencial transformador da arte urbana como ferramenta de expresión colectiva, combinando arte, educación, participación cívica e compromiso medioambiental”, engadiron dende o Executivo local.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.