O Senado aproba unha moción do PP en defensa do sector pesqueiro español

19 Novembro 2025


O Grupo Parlamentario Popular logrou a aprobación no Pleno do Senado dunha moción que reclama ao Goberno de España unha defensa firme do sector pesqueiro nas negociacións europeas. A iniciativa, defendida polos senadores, o ribeirense Manuel Ruiz e Antonio Luengo, esixe que o Executivo rexeite calquera redución substancial dos fondos destinados á pesca no próximo Marco Financeiro Plurianual 2028-2034.

Ruiz, portavoz de Pesca do GPP e senador pola Coruña, advertiu que “España foi motor e piar na construción da Política Pesqueira Común e non podemos permitir que perda a súa voz #ante a UE”. O dirixente popular denunciou que as políticas comunitarias e do Goberno “debilitan a nosa independencia alimentaria e favorecen importacións de terceiros países que non cumpren os nosos estándares ambientais”.

Pola súa banda, Antonio Luengo, portavoz de Alimentación e senador por Murcia, cualificou de “heroes” a quen segue apostando pola pesca e a súa industria, destacando o seu “compromiso, esforzo e responsabilidade”. Con todo, alertou de que o sector atravesa “a peor situación social e económica dos últimos 25 anos” debido ao exceso de burocracia, a competencia desleal, a pesca ilegal e os efectos do cambio climático.

A moción do PP subliña a necesidade de manter un marco financeiro propio para a pesca e reclama ao Goberno que lidere unha posición común na UE, activando mecanismos de interlocución permanente co sector e as comunidades autónomas. Os populares acusan o Executivo de “penalizar e abandonar” aos pescadores, mentres poñen en valor o apoio de gobernos autonómicos como os de Andalucía e Murcia.

O texto aprobado conclúe cun rexeitamento explícito a calquera proposta que supoña a redución dos fondos europeos e do peso estratéxico da actividade pesqueira, considerada polo PP como un sector crave para a sustentabilidade, a economía e a identidade alimentaria de España.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.