O PSdEG reclama á Xunta que constrúa beirarrúas na AC-300 ao seu paso polo Sisto, en Rois  

26 Novembro 2025

O PSdeG-PSOE reclamou á Xunta de Galicia a construción de beirarrúas e pasos de peóns na estrada provincial AC-300 ao seu paso polo lugar do Sisto, no municipio de Rois. 

O voceiro socialista local Manuel Regueira Miguens explica que O Sisto “é unha das poboacións máis grandes de Rois” e que por ela “pasa moito tráfico, pois por aí cruzan de Bertamiráns cara a Padrón, incluso vehículos pesados que veñen das rías de Muros e Noia con berberecho cara a Pontevedra”. 

Porén, trátase dun tramo estreito “no que hai 2 carrís para apenas hai beiravía”, sendo necesario “construír as beirarrúas para mellorar a seguridade viaria, e tamén polo menos un paso de peóns” en palabras do socialista. 

En contraposición, Requeira lembra que “a AC-300 ao seu paso polos núcleos máis importantes de Brión, xa sexa Os Ánxeles, xa sexa Bastavales, ten beirarrúas”. “En Padrón no polígono da Picaraña tamén ten beirarrúas, polo cal só quedaría este tramo de Rois como núcleo importante da AC 300” sen elas, lamenta. 

“A Xunta anda seguido a pedir melloras nas carreteiras de ámbito nacional, pero tamén ten que fixarse un pouquiño nas que ten ela”, critica o voceiro socialista local. 

Pola súa banda, o deputado socialista no Parlamento galego Aitor Bouza sinala que dende o PSdeG buscan “poñer fronte ao espello a propia acción da Xunta de Galicia no que son as súas competencias”. 

“Rois necesita que a Xunta de Rueda se implique e poida demostrar que realmente non só exerce as súas competencias, senón que non deixa tirados aos veciños e veciñas de Rois”, subliña. 

Por esta razón, dende o Grupo Parlamentario Socialista presentarán “unha batería de iniciativas na que se esixe á Xunta de Rueda que se comprometa a realizar ese tramo que falta dentro da AC 300, que garanta unha mobilidade segura e accesible para a propia veciñanza”. 

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...