O PSdeG-PSOE da Coruña recorrerá á Xustiza se non se produce a expulsión inmediata de Caamaño do goberno municipal de Outes

08 Novembro 2025

— Os socialistas esixen ao alcalde que cumpra coa lei, tal e como indica o informe da Secretaría Municipal.

O PSdeG-PSOE da Coruña esixe ao alcalde e ao goberno municipal de Outes a expulsión inmediata do concelleiro Antonio Caamaño das súas funcións executivas, despois de facerse firme a súa expulsión do Partido Socialista.

Desde a dirección provincial lembran que a lei debe cumprirse sen excepción e que existe un informe da Secretaría Municipal que conclúe claramente que, unha vez formalizada a expulsión do partido polo que foi elixido, Caamaño non pode manter nin mellorar as súas condicións laborais, nin conservar beneficios derivados da moción de censura, debendo recuperar exactamente a situación previa, sen soldo nin delegacións.

O PSdeG-PSOE considera que o mantemento do concelleiro nas súas actuais responsabilidades constitúe unha vulneración da normativa vixente e dos principios de legalidade institucional, polo que reclama que o Concello de Outes actúe de inmediato para repoñer a legalidade e cesar ao concelleiro das funcións que continúa exercendo de maneira indebida.

A dirección provincial advirte que, de non producirse unha actuación inmediata por parte do goberno local, o PSdeG-PSOE acudirá á Xustiza para garantir o cumprimento estrito da lei e para que se depuren responsabilidades derivadas desta situación.

O PSdeG-PSOE da Coruña reafirma o seu compromiso coa transparencia, coa ética pública e cun funcionamento institucional rigoroso, guiado sempre polos informes técnicos e pola normativa que regula a actividade municipal.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.