O patrulleiro “Tabarca” recala en Ribeira este venres 28 de novembro

27 Novembro 2025

O patrulleiro Tabarca (P-28),da Armada ten previsto realizar escala no porto de Ribeira desde a mañá do venres 28 á tarde do sábado 29 de novembro. A escala do buque abéirase á patrulla de Vixilancia e Seguridade Marítima que o Tabarca está a realizar en augas do litoral galego do 25 ao 30 de novembro. O buque estará aberto ao público en horario de 10.30 a 13.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas durante o venres 28 de novembro e o sábado 29 de 10.00 a 13.00 horas. As visitas abranguerán un percorrido polo buque, durante a cal o persoal que o desexe poderá coñecer os equipos e as capacidades do patrulleiro, así como á súa dotación e a forma de vida a bordo.

O Tabarca é o oitavo buque dunha serie de dez unidades, denominados Clase “Anaga”, permanecendo na actualidade tres deles en servizo. Cada buque desta clase leva o nome dunha illa ou illote da costa española. Tabarca é, de feito, o nome dunha pequena illa alacantina, situada ao suroeste da localidade de Santa Pola. A construción deste patrulleiro realizouse en Empresa Nacional Bazán, na factoría gaditana de San Fernando, botándose o día 23 de decembro de 1980 e entregándose á Armada o día 31 de decembro de 1981. Está adscrito á forza de Acción Marítima, concretamente ao Mando das Unidades da Forza de Acción Marítima de Ferrol (MARFER) e ten a súa base na Escola Naval Militar, en Marín —Pontevedra—, desde a súa entrada en servizo en 1981.

O seu comandante actual é o tenente de navío José Enrique Delgado González. A misión principal do buque é a de efectuar vixilancia marítima
mediante a presenza naval e control dos espazos marítimos de interese nacional como misión específica de ámbito da Armada. Así mesmo colabora de forma habitual no adestramento dos alumnos da Escola Naval Militar.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

Muros vibrou este luns 5 coa espectacular visita dos Reis Magos

A AC Fouleada e o Concello de Muros organizaron un amplo programa de actividades festivas e de lecer para recibir e acompañar, este luns 5 de xaneiro en boa parte do concello muradá, ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Pola mañá, a comitiva do Carteiro Real...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.