O Museo do Gravado de Artes leva a Vigo unha exposición sobre a cultura xaponesa

06 Novembro 2025

A concelleira de Cultura de Ribeira, Ana Barreiro, e o primeiro tenente de alcalde, Vicente Mariño, participaron este mércores 5 de novembro na inauguración da exposición A beleza do efémero no Museo do Mar de Galicia, en Vigo. Trátase dunha aproximación á arte xaponesa que chega á cidade olívica froito da colaboración co Concello de Ribeira e o Museo do Gravado de Artes, a mercé de Daniel Buján.

O público pode mergullarse na beleza e singularidade da cultura xaponesa a través dun cento de gravados, unha quincena de obxectos e camelias. Esta cultura estivo illada durante douscentos anos, pero, cando Xapón se abriu ao mundo, acabaría influíndo na arte occidental nos séculos XIX e XX e, na actualidade, o interese por esta cultura milenaria non decae en Occidente, que á súa vez tamén terá o seu impacto en Xapón.

A edil Ana Barreiro destacou a importancia desta mostra ukiyo-e que comezou o seu periplo en Artes no 2022 para despois percorrer distintos lugares ata chegar a Vigo, onde se enriquece con outras achegas importantes como a colección Pardo-Mitsunaga, que amosa a arte xaponesa do período de apertura de Xapón a Occidente e ao cristianismo; un período que vai de 1571 a mediados do século XIX. E outro valor engadido é a mostra de camelia; unha flor de Oriente aclimatada á nosa terra, a cal chegou da man de comerciantes portugueses no século XVI e que se cultiva a dende o século XVIII
vencellada á cultura dos pazos galegos.

Barreiro quixo tamén poñer en valor a proxección do Museo do Gravado de Artes que “eríxese como un motor para o estudo, difusión e posta en valor dunha técnica artística quizais non tan popular, pero non por iso menos abraiante. E, todo isto, dende unha parroquia do concello de Ribeira, convertendo este lugar nun centro de referencia con gran dinamismo a través de talleres ou exposicións.

“No acto tamén participaron o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a delegada de territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz; a directora do Museo do Mar de Galicia, Marta Lucio; o director do Museo do Gravado de Artes, Xoán Pastor; e o coleccionista de antigüidades xaponesas, Severo Pardo. Estes dous últimos foron os encargados de guiar aos asistentes pola apertura da exposición que amosa as relacións entre Europa e Oriente a través da arte.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...