“O movemento feminista, contra o negacionismo machista” – Antón Luaces

25 Novembro 2025

O negacionismo machista existe, e contra el de manifesta hoxe en toda Galicia o movemento feminista. Neste senso, a vioceira nacional do BNG, Ana Pontón, fixo un chamado á mobilización, hoxe, contra o negacionismo machista, ao que considera un dos grandes obstáculos contra ese tipo de negacionismo. Este ten en Galicia un longo percorrido, contra o que a propia Xunta ergue a súa capacidade, neste senso pondo en marcha un novo protocolo de actuación fronte á violencia que permite actuar contra calquera sospeita de que, por exemplo no eido escolar (onde esa violencia se expresa en boa medida grazas ás redes sociais)  calquera sospeita de que algún menor estea a padecer unha situación de violencia.

É o caso dun profesor ourensán de 50 anos, que estivo relacionado coa política municipal, Martiño Ramos, ao que o Ministerio de Xustiza tramitou a súa extradición a España após ser detido en Cuba polas autoridades da illa caribeña.

Martiño Ramos, fuxido a Cuba após ser condenado a 13 anos de cárcere por violar a unha alumna da que abusou repetidamente, é un dos dez fuxitivos máis buscados pola policía en España. A rapaza -hoxe en día maior de idade- recibía clases de música  cando tiña 11 anos e, a través das redes sociais, o devandito profesor entrou en contacto con ela. 

Cando cursaba sexto de primaria comezaron os tocamentos e abusos dentro do propio centro e máis tarde chegaron os actos violentos contra ela, mesmo chegando a sobmetela a prácticas sádicas.

Cando xa tiña 16 anos, a rapaza procedeu a bloquealo nas redes sociais e presentou denuncia contra el. Era, segundo quedou explícito na vista xudicial, un depredador sexual que tamén contactou con outras menores alumnas súas. 

Nesta fin de semana, as autoridades cubanas, atendendo a petición española de extradición, procederon á súa detención, a expensas da decisión a tomar a respecto da súa entrega ás autoridades españolas.   

Outros artigos

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

+

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

+

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.