O martes 4, activase a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra

03 Novembro 2025

A Xunta de Galicia activará este martes a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra, segundo informou a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

revista do temporal.

Co obxectivo de garantir a seguridade das persoas e dos bens, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia notificou a situación aos concellos afectados, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de Protección Civil, así como aos clubs náuticos e outras entidades vinculadas á actividade mariña.

Como medida preventiva, a Consellería anunciou, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, a suspensión da actividade deportiva federada e do programa Xogade no mar nos municipios costeiros afectados.

  • No litoral da Coruña, a suspensión estará vixente das 09:00 horas do martes ata as 05:00 horas do mércores.
  • Na costa de Pontevedra, aplicarase desde as 12:00 horas do martes ata as 10:00 horas do mércores.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno adverso comezará mañá pola mañá no noroeste e oeste da costa coruñesa, estendéndose pola tarde ao suroeste da Coruña e a toda a costa de Pontevedra. Prevese vento do sur con forza 8 e mar combinada do suroeste con ondas de ata seis metros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa —diques, rompentes e paseos marítimos— e recomenda extremar as precaucións nas actividades mariñas, así como revisar cabos e amarres das embarcacións ante a intensidade p

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.