“O lume apágase no inverno”. Anrón Luaces

03 Novembro 2025

Verín, punto de encontro para unha protesta xustificada: a dos directa ou indirectamente afectados polos lumes que, o pasado mes de agosto, tinguiron de negro o verde que toda a vida foi o manto que revestiu os montes de Galicia e que, este domingo, foi tamén un berro verde que ecoou grazas á veciñanza da comarca de Monterrei. Un berro seco que reclamou -e aínda reclama- a recuperación do semblante da terra galega actualmente convertida nun lodazal de cinza e impotencia xerado pola incomprensión de que os traballadores da Xunta que interveñen en verán como apagalumes, sexan traballadores en paro nos seis meses de outono e primavera malia saberen de sobra os responsábeis da administración autonómica que o verde galego é o natural desta nosa terra nai. Sí, teñen razón os veciños: o lume apágase no inverno, e os políticos deben exercer o seu labor todo o ano, ao igual que todo o ano perciben o salario que lles pagamos os galegos.

Porque os en Galicia residentes por nacencia ou pola súa decisión, non queren que, de ningunha maneira, se esqueza o aquí vivido este verán de verde e negro nos montes e aldeas coidados e ocupadas por xente que en 13 días de agosto non só se viron na obriga de dar un pasos cara atrás, senón que foron conminados a abandonar o herdados dos seus antergos para que as lapas queimaran pero non mataran. E isto doe a un pobo que, coma o galego, ten as súas raiceiras fondamente asentadas no verde dunha terra que reclama ser atendida dun xeito distinto e máis responsábel. 

Nen un paso atrás, nin recuar, para que os lumes non se repitan. Máis verde e nada negro nos montes dunha Galicia que xa soporta máis do que nunca xamáis sofríu polo efecto dun lume que, nunca coma neste tempo que vivimos, devorou o seu verdor.

Para o evitar,  fagan que o posíbel lume se apague no inverno rozando, limpando, mantendo limpo o monte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.