O Laboratorio Ecosocial do Barbanza impulsa un mes de plantacións de frondosas autóctonas

12 Novembro 2025

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza promove durante os meses de novembro e decembro un programa de plantacións de frondosas autóctonas nos montes veciñais da comarca, en colaboración con centros educativos e co tecido asociativo local. O obxectivo é implicar á comunidade escolar e á cidadanía na conservación da biodiversidade e na restauración dos ecosistemas forestais, poñendo en valor a xestión sostíbel dos montes veciñais.

As actuacións están coordinadas pola Fundación Montescola, entidade con ampla traxectoria en sensibilización ambiental e educación para a sustentabilidade, que ten implicado a máis de 1.000 persoas voluntarias en proxectos de restauración e conservación do monte galego.

Primeiras xornadas programadas

-17 de novembro: CEIP Plurilingüe de Artes (Ribeira)

-18 de novembro: Colexio Jaime Balmes (Noia)

-24 de novembro: CEIP Felipe de Castro (Noia)

-1 de decembro: CEIP Felipe de Castro (Noia)

-2 de decembro: CEIP Felipe de Castro (Noia)

As persoas ou entidades interesadas en participar ou organizar unha plantación no seu monte poden escribir a: info@montescola.org.

Laboratorio Ecosocial do Barbanza

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Coordinado pola Fundación RIA, o Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto dedicado a promover a transición cara á sustentabilidade ambiental e a fortalecer a resiliencia na xestión territorial dos montes do Barbanza.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.