O INTECMAR resolve abrir os bancos marisqueiros de Boiro, A Pobra e parte de Ribeira

27 Novembro 2025

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR), dependente da Consellería do Mar, resolveu reabrir as zonas de produción de moluscos infaunais ARO III e ARO IV, correspondentes cos municipios coruñeses de Boiro, A Pobra do Caramiñal e parte de Ribeira, así como a zona VIG IV.1, localizada na maior parte da baía de Baiona. Esta decisión foi tomada unha vez analizados os resultados das últimas mostraxes que sinalan a remisión do episodio de toxinas lipofílicas que mantiñan prohibida a actividade extractiva nestas áreas.

Con estas aperturas, na actualidade, xa permanecen abertos case todos os bancos marisqueiros da ría de Arousa, salvo o correspondente á parte máis externa da ría, e a metade das zonas produtivas da ría de Vigo. Pola contra, continúan pechadas todas as zonas produtivas da ría de Pontevedra. No que respecta aos polígonos de bateas, polo momento, non hai cambios e mantéñense os peches vixentes.

Porén, o INTECMAR sinala que “os resultados das últimas mostraxes reflicten unha remisión do actual episodio por biotoxinas e abren a porta a posíbeis aperturas de polígonos de viveiros flotantes na ría de Arousa nos vindeiros días”.

A Consellería do Mar pon en valor o traballo de control e vixilancia que realiza o INTECMAR, un centro referente a nivel europeo, e o seu servizo de avisos rápidos que permite informar de xeito áxil e efectivo ao sector dos cambios detectados nas zonas produtivas. Un labor constante que se traduce en ao redor 80.000 análises anuais, a razón de 380 ao día, 6.000 informes e o envío de máis de 20.000 notificacións. Todo un engrenaxe que fan de Galicia un modelo de excelencia neste ámbito e que garanten a seguridade dos consumidores de marisco galego.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.