O IES Fontexería de Muros acolle a presentación do libro O Cancioneiro galego-portugués

18 Novembro 2025

Celebrouse no IES Fontexería de Muros a presentación do libro O Cancioneiro galego-portugués, unha obra editada pola Deputación da Coruña, promovida por Ponte…nas ondas! e asinada por Domingo Blanco e Carlos Nogueira, coas ilustracións de Andrés Meixide.

O acto tivo lugar no Salón de Actos do centro, que reuniu ao alumnado de todos os niveis educativos e ao profesorado. A presentación correu a cargo de Chus Abraldes, coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua, e contou coas intervencións de Santiago Veloso, presidente de Ponte…nas ondas!, e de Domingo Blanco, un dos autores da obra.

Un cancioneiro que une Galicia e Portugal

Na súa intervención, Santiago Veloso enmarcou o acto na celebración do Ano das Letras Galegas dedicado ás cantadeiras e á literatura oral, lembrando que esta tradición é compartida con Portugal e esténdese mesmo por outros países da lusofonía, onde chegou a través das persoas portadoras desta cultura. Destacou así o valor patrimonial común que recollen as cantigas incluídas no volume.

Un dos exemplos mencionados foi “A peneira”, cantiga recollida en Ponteareas e tamén presente en Brasil, onde o compositor nordestino Luiz Gonzaga a fixo popular baixo o título A farinhada. Durante o acto proxectouse un vídeo dun grupo musical do Estado de Paraíba (Brasil), participante no 10º aniversario de Ponte…nas ondas! en 2004, no que interpretaban esta peza como parte do seu repertorio. Na súa visita a Galicia e ao norte de Portugal, chegaron mesmo a cantala xunto ao grupo Treixadura nunha actuación na TVG.

A literatura oral que sobreviviu ao tempo

Domingo Blanco explicou que estas cantigas teñen a súa orixe na Idade Media, transmitíndose oralmente ao longo dos séculos e incorporando variantes locais. Lembrou que non foron recollidas por escrito até o século XVIII en Galicia e o XIX en Portugal, e subliñou que esta literatura pervive grazas ás persoas portadoras que a mantiveron viva en contextos de festa, traballo e lecer.

O alumnado formulou diversas preguntas sobre a elaboración do cancioneiro, os temas máis frecuentes nas cantigas ou o seu percorrido xeográfico ao longo da historia, ás que o autor respondeu con detalle.

Ao remate, presentouse o espazo web con código QR desde o que se pode descargar o libro, que inclúe recursos audiovisuais e láminas ilustradas:
https://pontenasondas.org/cancioneiro/

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.