O IES Félix Muriel acolle este sábado a entrega dos premios do I Certame de Memoria Histórica da Barbanza

26 Novembro 2025

Este sábado, 29 de novembro, terá lugar a entrega dos premios do I Certame de Memoria Histórica para escolares, unha iniciativa promovida pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza (CRMH) e Nova Escola Galega, coa finalidade de incentivar no alumnado a investigación, recuperación e divulgación das historias que axudan a comprender a identidade e o pasado colectivo da comarca.

O acto celebrarase ás 12.00 horas na biblioteca do IES Félix Muriel, en Rianxo, e incluirá unha charla titulada “A memoria histórica na aula”, impartida por José Antonio Pérez Fernández. Ademais, presentaranse os traballos galardoados e entregarásense os diplomas aos estudantes premiados.

Nesta primeira edición, o xurado destacou dous proxectos pola súa calidade, interese e sensibilidade. O segundo premio recaeu en “A cara dunha xeración: unha recopilación da vida de Joaquín Soliño Barbeito e a súa familia”, elaborado por Promethea Iñarrea Vázquez, un relato que recupera a memoria familiar para iluminar unha época marcada por lembranzas, silencios e vivencias transmitidas ao longo das xeracións.

Pola súa banda, o accésit foi para “O patrimonio de Sabugueira”, de Alba Recarey Noya, unha aproximación ao legado material, cultural e emocional dunha comunidade que mantén viva a súa identidade a través da memoria compartida.

A organización subliña que este certame nace coa vontade de achegar as novas xeracións á memoria histórica a través da curiosidade, da investigación rigorosa e do compromiso coa súa contorna, promovendo que o alumnado vexa o pasado como unha ferramenta de reflexión e aprendizaxe para o futuro.

Outros artigos

Noia alzou a voz contra a violencia machista

Na mañá deste mércores 25 de novembro, o alumnado dos centros educativos de Noia foi protagonista da lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda deste mércores deu comezo ás 11.45 coa lectura da...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...