O GAEM de Ribeira actúa nun accidente na Mámoa e na retirada dun niño de velutinas no parque García Bayón

06 Novembro 2025

Dotación de garda do Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal foi mobilizada polo CIAE 112 por mor dun accidente de tráfico con feridos na DP-7305. O accidente rexistrouse na mañá deste xoves 6 de novembro no lugar da Mámoa, en Carreira, e nel resultaron mancadas de diversa consideración dúas persoas. Os automóbiles impactaron un contra o outro e, tamén, cun dos edificios da contorna.

Ademais, os efectivos do GAEM acudiron a Corrubedo por un desprendemento de muro debido a erosión do mar na costa de Corrubedo. O muro, esboroado por mor do temporal e da acción do mar, atópase xusto debaixo dunha vivenda na praia da Robeiriña.

Por outra banda, o Grupo de Emerxencias de Ribeira traballou estes días no parque García Bayón para proceder ao envelenamento dun niño de avespas velutinas situados nunha árbore do parque, co conseguinte perigo que a presenza destes insectos puidera carrexar para o nenos que frecuentan esta importante área de lecer.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.