O espectáculo “The Grinch. El musical” chega a Ribeira no 28 de decembro

20 Novembro 2025

Un novo espectáculo súmase á oferta cultural do Nadal para desfrutar destas datas en Ribeira. O espectáculo The Grinch. El musical chega ao novo Auditorio Municipal no 28 de decembro, en dous pases: ás 17.00 e ás 19.30 horas.

Esta función trasladará aos espectadores á montaña máis alta de Villa Quién, onde vive este peculiar ser verde xunto co seu can Max. Un día decide levar tódolos agasallos dos nenos e nenas na noite de Nadal, ademais de querer meterlle medo no corpo, ata que coñece a outros personaxes especiais aos que non logra asustar e algo cambia no seu interior.

A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, manifestou que “traemos unha nova proposta cultural coa promotora local A Cantaruxa para desfrutar da época que se aproxima. Dende a Concellería de Cultura estamos traballando para ter unha ampla e atractiva axenda para o Nadal que iremos desvelando. Con este espectáculo protagonizado polo Grinch, temos garantida a diversión para grandes e pequenos a través dun clásico e cun elenco de renome. E, para máis inri, teremos humor con esta función nunha xornada tan singular como é o Día dos Santos Inocentes”.

As entradas comezarán a venderse no venres, 21 de novembro, a partir das 09.00 horas. Como xa é habitual, farase simultaneamente tanto de maneira online na web ataquilla.com como presencial na Oficina de Atención Cidadá da casa consistorial. Para aquelas persoas que opten por adquirilas nas dependencias municipais, o horario será de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas. O prezo sitúase nos 16 euros para o patio xeral e en 12 euros para as localidades da fila inclusiva, máis gastos de xestión.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.