O CS de Abanqueiro acolle este venres o espectáculo “As peripecias de Xurxo”

20 Novembro 2025

Este venres 21 de novembro o Centro Social de Abanqueiro (Boiro) vai ser o escenario do espectáculo As peripecias de Xurxo, unha representación teatral de Malasombra Producións para público familiar. Será ás 20.00 horas, con venta de entradas dende unha hora antes da función.

Sinopse

Xurxo é un señor un pouco tardo, que vai a unha escola de señores e señoras na que sofre bullying, aínda que el preséntase como un apaixonado contador de contos e historias e ese é o motivo da súa presenza alí.

Na súa presentación, ademais de mostrar o personaxe mediante un extraordinario traballo de clown, cóntanos todo o acoso sufrido na escola de señoras e señores e como se solucionou cando a titora de señoras e señores fixo chamar aos fillos dos acosadores (que curiosamente teñen unha idade parecida ás nenas e nenos do público).

Esta historia que fala de malos tratos escolares, é o pretexto perfecto de presentación dun home namorado dos libros e dos contos que vén contar a estas nenas e nenos a historia de Saltarina, un esquío cun emocionante periplo vital, a piques de morrer por culpa da deforestación e a contaminación.

O conto dramatizado de Saltarina reflexiona acerca da importancia de preservar os nosos bosque autóctonos, así como nos serve de axuda para coñecer moita da flora e fauna de Galicia. Ao esquío acompáñano na súa aventura un gaio, tamén chamada pega marza, e un teixugo, ademais de atoparse con máis dunha trintena de animais e plantas que habitan os nosos bosques.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.