O Concello de Ribeira apoia a acción social no municipio con 34.000 euros a entidades

27 Novembro 2025

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, asinaron este 27 de novembro os convenios de colaboración con dez entidades sociais que operan no municipio. Mediante esta rúbrica, a Administración local financiará por un importe total de 34.000 euros os proxectos Vivindo na comunidade, da Asociación Ámbar; o Servizo de atención psicopedagóxica, de Amicos; o Programa de atención a familias con problemas económicos, de ICE Renovación; a Promoción do éxito escolar, de Cruz Vermella; a Formación e emprego, de Cáritas; o funcionamento da delegación da Asociación Española contra o Cancro; o Programa de transporte de usuarios, de A Creba; a Prevención das drogodependencias, de Renacer; o Proxecto Contigo, de Faibén; e o Proxecto de atención psicopedagóxica para menores con trastorno do espectro autista, de ÁGAPE.

Sampedro destacou que cada entidade recibirá 3.400 euros “coa finalidade de financiar parte da actividade social que desenvolven para o beneficio de veciños e veciñas en situación de vulnerabilidade. Como Administración pública debemos contribuír ao desenvolvemento da acción destas entidades que constitúen unha peza angular na nosa sociedade, establecendo sinerxías con elas para axudar a quen máis o necesita. E, neste ano, todas elas percibirán a mesma dotación económica”.

A rexedora agradeceu “a súa implicación de maneira desinteresada cara a consecución dunha sociedade máis xusta e igualitaria”.

Pola súa parte, o edil Vicente Mariño sinalou que “coñecedores da realidade social do noso municipio, traemos un ano máis estes convenios de colaboración coas entidades de iniciativa social que traballan no noso concello co obxectivo de colaborar no financiamento de proxectos encamiñados a diminuír a influencia dos factores sociais que conducen a situacións de exclusión social, apoiando accións orientadas á mellora da saúde e calidade de vida dos colectivos mais vulnerábeis”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.