O Concello de Ribeira acenderá este venres 28 o Nadal na zona comercial con motivo do Black Friday

26 Novembro 2025

O Concello de Ribeira acenderá a iluminación de Nadal na zona comercial e inaugurará o seu belén municipal coincidindo coa celebración do Black Friday no comercio local. E, nas vindeiras datas, farase extensíbel ao resto do municipio.

Será ás 19.00 horas, na praza do Concello, onde será a rapazada a que terá a honra de premer o botón que iluminará as noites do Nadal, ademais de abrir o nacemento, nun acto no que participarán a alcaldesa, María Sampedro, e demais membros da Corporación municipal.

Para quecer o corpo nesa xornada, repartirase chocolate con churros entre as persoas asistentes ata esgotar as existencias.

Animación de rúa

Tampouco faltará a animación de rúa co espectáculo itinerante A luz do Camiño, de Troula Animación, a partir das 18.30 horas, que desfilarán dende a residencia de maiores ata a praza do Concello con zancudos, patinadoras e tambores.

O ambiente festivo polas rúas da cidade seguirá coa charanga BB+ que estará polo centro urbano ata as 21.00 horas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.