O Concello de Rianxo vai rematar 2025 con máis de 1,5 millóns mobilizados en obras licitadas e executadas

07 Novembro 2025

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, fixo balance dos proxectos levados a cabo no ano 2025 que xa enfila a súa recta final e das iniciativas incluídas na folla de ruta do Goberno local para ser executadas a curto prazo. Segundo fixo saber, “en 2025 remataremos con máis de 1,5 millóns de euros en obras licitadas e executadas”. Trátase, sinalou, “dun importante esforzo investidor que se suma ao do ano previo e que nos sitúa, nesta altura da lexislatura, por encima dos 3 millóns de euros en obras licitadas e executadas”.

O alcalde Julián Bustelo enumerou algúns dos proxectos xa executados ou iniciados este ano e que estarán en execución nas próximas semanas:

-Ampliación de redes de saneamento e abastecemento en Meiquiz e Or (Leiro) – 208.785,50€.

-Renovación completa do firme da vía de acceso ao Montiño dende a DP-7203 (Taragoña) – 102.952,85 €.

-Proxecto de ampliación da rede municipal de abastecemento de auga entre os núcleos de Corques e Outeiro (Taragoña) – 90.713,70€.

-Segunda fase do proxecto para a dotación de redes de abastecemento e saneamento en Vilas (Asados) – 194.386,50€.

-Ampliación das redes de abastecemento e saneamento no núcleos de Villanustre (Asados) – 194.386,50€.

-Mellora do sistema de iluminación do parque empresarial de Rianxo – 39.862,40€.

-Renovación do sistema de iluminación e mellora enerxética do campo de fútbol municipal da Lomba (Taragoña) – 59.971,84€.

-Proxecto para reducir o consumo enerxético no edificio dos Servizos Sociais – 66.235,40€.

-Renovación de instalación e mellora da accesibilidade no Cuartel Vello de Rianxo – 48.236,65€.

-300.000€ en asfaltado de diferentes vías municipais en varios núcleos.

Ademais, a estes proxecto sumaráselles axiña o cambio da totalidade das luminarias do paseo marítimo, unha obra que conta cun orzamento de 80.000€, así como o proxecto para a mellora da iluminación no conxunto da vila, unha actuación que conta cun orzamento de 547.364,30€.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.