O Concello de Padrón recoñece o talento e o esforzo da promesa do fútbol Catalina Pereira

07 Novembro 2025

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e as concelleiras Chus Campos e Mariló Saco, recibiron este xoves 6 de novembro na Casa do Concello a Catalina Pereira Cortizo, veciña de Carcacía de 14 anos e campioa galega de fútbol en 2024.

A deportista estivo acompañada polos seus pais e polos seus tíos. O encontro serviu para recoñecer publicamente a traxectoria dunha moza que xa forma parte da Selección Galega Sub-14 e compite en categoría sénior co Victoria CF, equipo da Terceira Federación.

Durante a recepción, o rexedor destacou “o apoio do Concello ao deporte de base e ás novas xeracións”, animando a Catalina a “seguir traballando para acadar as súas metas sen esquecer a formación académica”. Arca subliñou que as portas do Concello están abertas “para apoiar a ela e ao conxunto de deportistas padroneses que representan con orgullo o nome da vila”.

Catalina comezou a xogar no colexio La Salle de Santiago, onde practicaba fútbol sala e fútbol campo. En 2024 proclamouse campioa galega coa selección comarcal de Santiago, o que lle abriu as portas do Victoria CF, club no que milita actualmente. O pasado ano participou no Campionato de España coa Selección Galega Sub-14, que alcanzou as semifinais en Madrid.

A padronesa defínese como resiliente e loitadora, valores que lle axudan agora a superar unha pequena lesión e a manter o seu obxectivo de chegar algún día á Selección Española.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.