O Concello de Padrón impulsa unha campaña sobre a recollida de biorresiduos, aceites usados e téxtiles

05 Novembro 2025

O alcalde de Padrón Anxo Arca e a concelleira de Medio Ambiente Ana Castro visitaron este 5 de novembro o stand informativo da campaña sobre a recollida de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles, que se desenvolve estes días en diferentes puntos do municipio.

As accións comezaron o martes 4 de novembro na praza de Macías e nas rúas Tetuán e Real, e continuarán o domingo 9 de novembro nos postos da praza de Abastos e nos postos da polbeiras. A iniciativa busca “informar á veciñanza sobre a correcta separación dos residuos e fomentar a participación cidadá na mellora da xestión ambiental”.

Lembraron que “en Padrón xéranse cada ano máis de 3.500 toneladas de lixo, das cales só o 20% se separa correctamente”. O Concello asume con fondos propios un déficit anual duns 360.000 euros entre o custe real da recollida e o que se ingresa polos recibos.

A campaña pon o foco na importancia de separar correctamente os residuos domésticos, xa que cada quilo mal separado encarece o servizo e limita os recursos municipais. Unha correcta separación permite reducir custos, cumprir coa normativa e avanzar cara a un sistema máis eficiente e respectuoso co medio ambiente.

O Concello de Padrón mantén o seu “compromiso cun modelo de xestión moderna e responsábel, que require tamén a implicación da cidadanía para lograr un municipio máis limpo e respectuoso co medio natural”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.