O Concello de Outes agradece que a Xunta reforce o firme da AC-196 ao seu paso por Seilán e Ponte Nafonso

07 Novembro 2025

O alcalde do Concello de Outes, Francisco Calo, agradeceu á Xunta de Galicia, en concreto á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a súa predisposición para levar a cabo unha actuación que permita mellorar o firme da estrada AC-196 ao seu paso polos núcleos de Seilán e Ponte Nafonso.

Calo visitou a zona nas que levaron a cabo actuacións coma a mellora do firme para garantir unha maior seguridade viaria para os condutores.

“Estamos a falar dunha demanda que ven de lonxe. Unha demanda veciñal que a que agora poderemos dar resposta despois de que a Xunta confirmase que levará a cabo os traballo necesarios para mellorar o firme”, apuntou o alcalde de Outes.

Nesta liña, Calo asegurou que o Goberno municipal que encabeza “seguirá traballando para conseguir a colaboración de todas as institucións –nacionais, autonómicas e provinciais-, co fin de lograr que o concello se poida beneficiar de actuacións que melloren a vida da veciñanza”.

“Imos pelexar por todos e cada un dos euros que poidamos conseguir para Outes porque é a única forma de que poidamos sacar adiante proxectos que son importantes para o futuro”, concluíu Calo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.