O Concello de Noia e a Confraría de Pescadores abordan conxuntamente a mellora da ría

03 Novembro 2025

O alcalde de Noia, Francisco Pérez, e o tenente de alcalde, Manuel Seijas, mantiveron esta mañá unha reunión co patrón maior da Confraría de Pescadores San Bartolomeu, Santiago Cruz, e co secretario da entidade, Adelo Freire, para analizar diversos problemas que afectan ao estado da ría e ao sector marisqueiro.

Durante o encontro tratáronse cuestións como os vertidos directos á ría, o estado das obras da depuradora de Barro e a necesidade de continuar co arranxo e modernización dos 14 puntos de bombeo da localidade, dos cales na actualidade non funciona ningún.

Esta xuntanza serviu tamén como preparación da próxima convocatoria da Mesa Interinstitucional do Mar, na que tanto o Concello como a Confraría pretenden traballar conxuntamente en solucións concretas para mellorar a situación ambiental da ría de Noia e recuperar a produtividade dos bancos marisqueiros.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.