O Concello de Boiro realiza os pagos dos propietarios do Plan Parcial que non alcanzaron a parcela mínima edificábel

21 Novembro 2025

A Xunta de Goberno Local do Concello de Boiro deu luz verde ao pago das indemnizacións dos propietarios do Plan Parcial. Estes pagamentos abéiranse á aprobación do proxecto de urbanización que habilitará un espazo para a construción de 900 vivendas no núcleo urbano.

A Xunta de Goberno Local celebrada este luns 17 de novembro aprobou o pago aos propietarios de fincas que, coa modificación do proxecto do plan parcial no ano 2013, se quedaron sen parcela mínima. “Era unha débeda que tiñamos con estes propietarios e que, no ano 2013, quedaron sen a súa finca e aínda non cobraran o importe correspondente a esa indemnización”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero, engadindo que este ano, unha vez rematado o rexistro das fincas no Rexistro da Propiedade, “leváronse a cabo as liquidacións aos propietarios e agora vaise a realizar o pago das indemnizacións aos propietarios que non alcanzaron o 15% da parcela mínima edificábel”. O seguinte paso será redactar e aprobar un proxecto de urbanización que permita a edificación, explicou.

As actuacións delimítanse ao ámbito do Plan Parcial de Barraña correspondente coas áreas de Solo Urbanizábel Público Programa contiguo ao núcleo urbano do Boiro cunha superficie de 140.829,24 metros cadrados que de delimita coa avenida da Constitución e a rúa María Mariño, e a avenida Empresario Jesús Alonso.

O proxecto de urbanización que se pretende aprobar dentro deste exercicio contemplará a creación de 902 vivendas, das cales 188 serán vivendas protexidas; 2.817 prazas de aparcamento; 30.757 metros cadrados de espazos libres públicos e 14.300 metros cadrados para equipamentos públicos. Os usos que se contemplan, ademais de vivenda, é o hoteleiro, comercial, oficinas, sanitario, educativo, asistencial…

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...