O Concello de Boiro destina máis de 430.000 euros para a promoción do deporte no municipio

04 Novembro 2025

O Concello de Boiro asina convenios de colaboración con 30 clubs e entidades deportivas que obteñen unha subvención nominativa que ten como obxecto sufragar os gastos xerais dos propios clubs.

O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, asinaron estes primeiros convenios co Boiro Voleibol e o CD Boiro.

A finalidade destes convenios é axudar a sufragar os gastos xerais dos clubs en canto a arbitraxes, material deportivo ou equipamentos, así como a celebración de probas deportivas ou a participación nas mesmas durante a tempada.

O Concello de Boiro destina unha cantidade total de 438.335,63 euros para a promoción do deporte do municipio mediante as subvencións nominativas a clubs, as bolsas de concorrencia a clubs e deportistas federados, as Escolas Deportivas Municipais e os Veráns Deportivos.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.