O Concello da Pobra saca a licitación a reparación da cuberta da Piscina Municipal

15 Novembro 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal vén de sacar a licitación o proxecto para reparar e mellorar a cuberta da Piscina Municipal. O concelleiro de Deportes, Eloy Sobrido, explicou que se trata dunhas obras importantes coas que se solucionarán “as deficiencias que presenta esta estrutura e que están a provocar problemas de humidades e filtracións”.

O edil puxo o foco na intención do Goberno local de continuar actuando “nas distintas instalacións municipais para que estean nas mellores condicións posibles para os e as deportistas”. As intervencións que se levarán a cabo na piscina teñen un valor de 169.902,11 euros (IVE incluído).

Actualmente, o complexo deportivo no que se atopan a piscina e o ximnasio presenta diferentes deficiencias na cuberta que producen filtracións e humidades en diferentes puntos. Para solucionar esta situación, o Concello desmontará a totalidade do teito, o caleiro e o resto de elementos (claraboias, capuchóns para condutos de ventilación, etc.) e substituiraos por outros completamente novos.

Un novo investimento

A licitación realízase nunha semana na que o concelleiro de Deportes expuxo as principais cifras da área ao longo do 2025. Tal e como explicou, destináronse un total 224.346 euros entre obras, actuacións de mellora e acondicionamento nas instalacións e axudas tanto directas como indirectas a entidades.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.