O Concello da Pobra promoverá a conciliación das familias cos seus Obradoiros de Nadal

29 Novembro 2025

O Concello volverá da Pobra apostar pola conciliación das familias do municipio co lanzamento dunha nova edición dos Obradoiros de Nadal. A concelleira de Igualdade, Estefanía Ramos, apunta que se trata dunha iniciativa “esencial e moi demandada polos veciños e veciñas, que requiren de iniciativas de conciliación para o coidado dos nenos e nenas durante os períodos non lectivos”. O prazo de inscrición xa está aberto, podendo solicitarse praza ata o martes, 16 de decembro.

As actividades de conciliación desenvolveranse no CEP Salustiano Rey Eiras desde o luns, 22 de decembro, ata o mércores, 7 de xaneiro (ambos incluídos). En canto ao horario de atención, este será de 9.00 a 14.00 horas, e as familias terán a posibilidade de solicitar o servizo de Madruga e o de Comedor. Ao longo do programa, os nenos e nenas poderán gozar de distintas actividades de dinamización e recibirán, ademais, a visita de Papá Noel e do Paxe Real das Súas Maxestades de Oriente.

O período de inscrición estará dispoñible ata o 16 de decembro. Para realizala, as persoas interesadas deberán entregar a ficha correspondente no servizo de Igualdade, a través da sede electrónica ou no rexistro municipal. O custo do obradoiro será de 45 euros, con bonificacións do 50% para segundo/a irmá e do 100% para o/a terceiro/a.

As persoas que precisen máis información poderán acudir ao servizo de Igualdade ou chamar por teléfono ao 981 832 764 (extensións 5 e 6).

Outros artigos

Remata con éxito o Concilia de Nadal do Concello de Noia

Este mércores 7 de xaneiro a concelleira de Educación e Conciliación de Noia, Ana Blanco, realizou unha visita ás actividades encadradas na nova edición do Concilia de Nadal, onde compartiu a mañá cos nenos e nenas do campamento durante a festa de remate do mesmo, na...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

“Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

Eu non son experto en política internacional nin en estratexias militases. Son un cidadán do día a día, dos que prenden a televisión, len as noticias e tratan de entender o que está a pasar co mundo no que vivimos. E o que vexo ultimamente con Donald Trump á fronte de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.