O Campo de San Ramón (Bealo) acolle este sábado, a partir das 19h, unha celebración do Magosto

07 Novembro 2025

A Asociación Cruceiro do Monxo (Bealo, Boiro) vai celebrar ao grande ao outono deste 8 de novembro, coa súa festa do Magosto 2025, a partir das 19.00 horas no Campo de San Ramón. Haberá vertente estritamente gastronómica, con degustación de castañas asadas, pero tamén queimada, viño, chupitos, rosca, lambetadas para a rapazada e pandeireteiras. Contarase coa presenza de Pepita Bermúdez Andión, de Nunca é Tarde. Organiza a Asociación de Veciños Cruceiro do Monxo coa colaboración do Concello de Boiro. En caso de choiva a festa trasladarase ao Pavillón da Lomba.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.