O BNG reclama á Xunta que garanta médicos en Ribeira e Aguiño e apoia a mobilización veciñal en defensa da sanidade pública

13 Novembro 2025

O Bloque Nacionalista Galego manifestou o seu “total apoio” á veciñanza e ao persoal sanitario dos centros de saúde de Ribeira e Aguiño, que veñen denunciando a falta de profesionais médicos e a sobrecarga asistencial que están a padecer “a cal impide que se poida garantir unha mínima calidade asistencial aos pacientes”, explicou o BNG.

O portavoz da agrupación, Luís Pérez Barral, reclamou á Xunta “que cubra todas as baixas e vacantes de profesionais sanitarios que se produzan nos centros de saúde de Ribeira e Aguiño”, lembrando que a atención primaria é o primeiro chanzo do sistema sanitario e debe estar dotada dos medios humanos e materiais necesarios para ofrecer unha atención de calidade”. E advertiu: “Debemos garantir a calidade asistencial. Os recortes e a falta de planificación na sanidade pública poden acarrear un empeoramento da saúde dos doentes e un deterioro xeral dos servizos esenciais”.

O alcalde nacionalista subliñou que a veciñanza e as plataformas en defensa da Sanidade levan tempo “advertindo do abandono continuado da sanidade pública por parte do Goberno da Xunta en mans do PP”, que provoca unha perda de profesionais e o descontento crecente da veciñanza ante demoras na atención excesivas. “Non podemos permitir que se normalice a falta de médicos nin que se degrade un servizo básico que é un dereito, non un privilexio. Se non son capaces de aplicar medidas que polo menos deberían votar a favor das iniciativas e medidas que propoñemos no BNG como ese plan de inxectar 200 millóns de maneira inmediata na Atención Primaria, recursos que permitirían mellorar a situación”, engadiu.

O BNG lembrou que a situación nos centros de saúde de Ribeira e Aguiño non “é un caso illado, senón que forma parte dun problema estrutural que afecta a toda a comarca do Barbanza e ao conxunto do país”.

Por todo o devandito, a formación nacionalista rexistrarán novas iniciativas para instar á Xunta a elaborar un plan urxente de reforzo da atención primaria, con máis contratacións, melloras laborais e incentivos que permitan fixar persoal médico no rural e nas vilas costeiras.

Ademais, o BNG mostra o seu respaldo ás mobilizacións veciñais convocadas en defensa da sanidade pública, animando á veciñanza a participar activamente para reclamar un sistema sanitario digno e plenamente garantido. “A defensa da sanidade pública é unha causa común que nos une a todos e todas. É preciso alzar a voz para que o Goberno galego entenda que non imos consentir máis recortes nin desatencións porque nos vai a saúde nisto”, concluíu Pérez Barral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.