O BNG de Outes demanda persoal necesario para o Centro de Saúde

18 Novembro 2025

O BNG de Outes, a través do voceiro Anxo Núñez, emitiu un comunicado no que demanda á Xunta que dote ao Centro de Saúde de Outes do persoal necesario e que non recorte máis servizos. Explican no comunicado que “a sanidade, competencia do Goberno da Xunta, leva anos padecendo as consecuencias dos recortes e a paulatina precarización do servizo a mans do Partido Popular, e en Outes xa nos recortaron pediatría e matrona, que agora só atenden unhas horas ou días á semana, e a partir de xaneiro pretenden pechar o centro de saúde os sábados”. Denuncian que a maiores de todo o devandito, “levamos semanas con persoal insuficiente xa que non cobren as baixas nin vacacións dos traballadores, nesta última semana só había 3 dos 6 médicos de cabeceira”.

A información coas declaracións de Anxo Núñez foi acompañada dun vídeo no que Sonia, veciña de Boel, explica os plans da Xunta de suprimir o servizo dos sábados no Centro de Saúde de Outes para centralizalo todo no PAC de Noia. Dende o BNG reclaman ao Goberno do PP os seguintes puntos:

-Que traballe con maior dilixencia para cubrir as vacacións e baixas do persoal.

-A reposición do servizo de matrona e pediatría a tempo completo e todos os días.

-Que se manteña a atención os sábados á mañá como até agora.

Por uns servizos públicos e de calidade!

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.