O alcalde de Padrón visita en Teo exhumación dunha fosa con membros da resistencia antifranquista, incluído Vicente López Novo, veciño de Ribeira

19 Novembro 2025

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado da concelleira Mariló Saco, desprazouse na mañá deste 19 de novembro ao Cemiterio de Santa María de Luou, en Teo, para coñecer os traballos de estudo e exhumación que o grupo de investigación HISTAGRA (Historia Agraria e Política do Mundo Rural) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) está a realizar nunha fosa da resistencia armada antifranquista.

Durante a intervención estanse a recuperar os restos de catro guerrilleiros, entre os que é moi probábel que se atope Manuel Agrasar Cajaraville, veciño da Matanza (Iria Flavia), así como Ricardo Fernández Carlés, natural de Pontecesures.

Xunto a eles, foron localizados Florentino Menéndez Palacios, de Sama de Langreo, e Vicente López Novo, de Santa Uxía de Ribeira. Todos pertencían á V Agrupación guerrilleira, dirixida por Benigno Andrade, “Foucellas”, abatidos o 19 de maio de 1948 durante un enfrontamento en Loureiro (Luou), segundo distintas hipóteses históricas e testemuñas veciñais.

Durante a visita, Anxo Arca e Mariló Saco coñeceron de preto o proceso de escavación e análise forense de mans de Lucía Santiago, coordinadora en campo e investigadora de HISTAGRA, e de Sergio Sánchez, director da intervención arqueolóxica.

Na visita tamén participaron o xenro, a neta e a bisneta de Manuel Agrasar Cajaraville, que puideron seguir de preto o proceso e recibir información directa do equipo investigador.

O alcalde resaltou “o valor deste achado para preservar a lembranza das persoas ás que lles foi arrebatada a súa vida pola súa orientación ideolóxica, por defender o dereito á liberdade e para devolver ás familias os corpos co respecto que merecen”. Destacou tamén a relevancia desta exhumación para Padrón e a contorna, ao “recuperar a memoria dos veciños que participaron na resistencia antifranquista”.

Arca volveu trasladar o apoio de Concello ao grupo investigador e solicitoulle que, unha vez concluída a investigación, poida celebrarse unha conferencia en Padrón para dar a coñecer os achados, situar a intervención no seu contexto histórico e honrar a memoria destas vítimas da represión franquista.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.