Nova edición do Bono Comercio: poderá descargarse desde o mércores

03 Novembro 2025

A Xunta lanza unha nova edición do bono Activa Comercio con descontos de ata 15 euros

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este luns, tras a reunión do Consello da Xunta, unha nova edición do bono Activa Comercio, a segunda deste ano, que estará dispoñible para descarga a partir das 9:00 horas deste mércores.

Como nas edicións anteriores, cada persoa poderá descargar un único bono de 30 euros, que se irá descontando segundo o importe das compras realizadas. Así, aplicarase un desconto de 5 euros en compras entre 20 e 30 euros, de 10 euros se o gasto é de 30 a 50 euros, e de 15 euros a partir desa cantidade.

A principal novidade desta convocatoria é que os establecementos que xa participaron na edición do verán non terán que volver inscribirse. Os comercios que desexen sumarse agora poderán facelo ata o 15 de decembro, ou ata que se esgote o crédito dispoñible, fixado en 2,5 millóns de euros. A Xunta prevé que esta achega mobilice preto de 8,5 millóns de euros en vendas no comercio de proximidade.

Segundo explicou Rueda, o obxectivo desta nova convocatoria é apoiares especialmente os establecementos téxtiles, que este outono están a afrontar dificultades nas vendas polas condicións meteorolóxicas.

Dende a posta en marcha desta iniciativa, o Goberno galego asegura ter mobilizado 110 millóns de euros en vendas no comercio local. Na convocatoria de xuño, participaron 6.500 negocios e descargáronse preto de 215.000 bonos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.