Martes 18, nubes e claros e baixada das temperaturas

17 Novembro 2025

Galicia afronta unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia das altas presións situadas no Atlántico norte, que continúan achegando aire frío á comunidade. Esta situación deixará un ceo máis nubrado no norte, mentres que no sur se abrirán amplos claros ao longo do día.

Durante a mañá poderán aparecer néboas persistentes en zonas do interior, que irán levantando de maneira gradual. A partir do mediodía, espérase a chegada de nebulosidade alta que cubrirá parcialmente o ceo en gran parte do territorio.

As temperaturas experimentarán un descenso significativo, tanto nas máximas como nas mínimas, consolidando un ambiente máis frío(14-17 máximas). Os ventos soprarán moi frouxos, predominantemente de compoñente norte, sen ofrecer cambios salientables no estado do mar.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do norte á tarde e do norte á noite, forza 3 a 4 á mañá e á tarde e 2 a 4 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e 0 a 0.5 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.