Dende CIG Saúde Barbanza informan que ao abeiro das mobilizacións que van ter lugar en toda Galicia os días de folga na atención primaria, na nosa comarca haberá concentracións este xoves 27 de novembro, ás 11.00 horas, diante do Centro de Saúde de Boiro e o venres 28 ás 11.00 diante do Centro de Saúde de Ribeira.
A CIG fai un chamamento a participar nas concentracións convocadas no marco da folga en #AtenciónPrimaria.
Haberá concentracións, tamén, na Coruña, Lugo, Monforte, A Mariña, Compostela, Ourense, Pontevedra, Salnés e Vigo. A CIG reclama defender a atención primaria e blindar unha sanidade pública sen recortes, de calidade e con dereitos.






