Luns 24, xornada de chuvias intensas e vento do suroeste

23 Novembro 2025

O luns estará marcado polo paso dunha fronte activa que se desprazará rapidamente de norte a sur durante a mañá. Agárdase unha mañá de ceos moi nubrados con chuvias xeneralizadas, nalgúns puntos localmente fortes.

Tras o paso da fronte, a tarde presentará unha tendencia á apertura de claros, aínda que con chuvascos ocasionais. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas experimentarán un pequeno ascenso.

Os ventos do suroeste soprarán moderados en terra e fortes no mar antes da chegada da fronte, rolando a noroeste moderado despois do seu paso.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 4 a 6 á mañá e á tarde e 4 a 5 á noite. Forte marusía. Visibilidade mala á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.