Luns 17, a semana arranca con máis estabilidade e lixeiro ascenso das máximas

16 Novembro 2025

A influencia anticiclónica comeza a gañar terreo este luns, coa presenza de altas presións que favorecen unha circulación de ventos do nordés. Esta situación traerá unha xornada marcada polos ceos con nubes e claros en boa parte do territorio.

No extremo norte agárdase maior nubosidade e a entrada de chuvascos intermitentes ao longo do día, mentres que cara ao sur os claros serán máis amplos e permitirán momentos de sol.

No apartado térmico, as temperaturas mínimas experimentarán un descenso, facendo a mañá algo máis fresca, pero as máximas subirán lixeiramente respecto a xornadas anteriores. O vento soprarán do nordés, en xeral frouxo con intervalos moderados no interior, e moderado nas zonas costeiras.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 3 a 5 á mañá e á tarde e 3 a 4 á noite. Marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 0.5 a 1 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.