Luns 1, unha profunda borrasca deixará choivas intensas e fortes ventos ao longo da xornada

30 Novembro 2025

Este luns 1 de decembro, permaneceremos baixo a influencia dunha profunda borrasca situada no Atlántico norte e asociada a unha fronte activa, o que provocará un progresivo empeoramento das condicións meteorolóxicas. As nubes irán en aumento co avance das horas e, a partir do mediodía, agárdase que cheguen as primeiras precipitacións, que se estenderán durante a tarde e se volverán intensas e xeneralizadas xa entrada a noite.

Nas últimas horas da xornada, a neve fará acto de presenza nas zonas máis altas do leste da Comunidade. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas se manterán sen grandes cambios.

O vento tamén será protagonista: os refachos do sur soprarán con moita intensidade no litoral e nas áreas elevadas do interior, especialmente desde o mediodía, para ir rolando a oeste-noroeste ao final do día.

O PROGNÓSTICO INDICA QUE TEREMOS PRECIPITACIONS CON MAIS OU MENOS INTENSIDADE NOS PRÓXIMOS QUINCE DIAS COMO MÍNIMO,

Aviso para o luns 1: Para a xornada do luns, mantense a atención posta nos refachos fortes de vento, que afectarán de novo ás zonas costeiras e aos puntos máis altos de Galicia.

METEOGALICIA

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sur á tarde e do noroeste á noite, forza 4 a 5 á mañá e á noite e 6 a 7 á tarde. Forte marusía á mañá e á noite e media vaga á tarde. Visibilidade boa á mañá, regular á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 2 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.